Formula Student AI · Galicia
Conducimos
sen ninguén
ao volante.
Somos Auria Technologies: un equipo universitario que deseña e programa un monoplaza autónomo para competir en Formula Student.
// 01 — Quen somos
O campus quedounos pequeno.
Auria Technologies é un equipo de Formula Student AI nado en Galicia. Estudantes da Universidade de Vigo que compiten na categoría Formula Student AI: un monoplaza que percibe o circuíto, planifica a súa traxectoria e condúcese só.
Competir é a escusa. O que realmente construímos é unha plataforma de condución autónoma completa: percepción con cámaras, localización, planificación de traxectorias, control do vehículo e toda a electrónica que o fai posible.
33Integrantes
05Departamentos
06Sponsors
1podio en FSAI UK 2026
// 02 — Únete